ALCALDÍA

O alcalde manterá un encontro coa veciñanza de Laraño o venres 30 e coa de Mallou o vindeiro martes 4

28/09/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, convoca a unha xuntanza a todos os veciños e veciñas de Laraño, Villestro e A Silvouta afectados polo paso dunha liña de alta tensión pola zona do Souto.

No encontro, que será o venres 30 ás 20.30 h no Centro Sociocultural de Laraño, o rexedor dará conta das alegacións presentadas ao proxecto por parte do Concello.

A relación de persoas afectadas foi publicada no DOG do 22 de agosto de 2022.

Xuntanza en Mallou

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por outros membros do goberno, tamén manterá unha xuntanza cos veciños e veciñas de Mallou afectados polas obras para escoitar as súas demandas e buscar solucións, dentro das actuais dispoñibilidades orzamentarias. O encontro terá lugar o martes día 4 de outubro ás 19.30 horas.

O primeiro edil porá de manifesto as posibilidades existentes, tendo en conta que o traslado do centro loxístico, previsto inicialmente en Mallou pero que agora se desenvolverá na parcela na que se atopa Mercagalicia, no polígono do Tambre, implica tamén o traslado dos 4 millóns de euros de financiación europea destinados ao devandito proxecto.

Compartir: