EDUCACIÓN

Microconcertos polo Día Internacional da Música

24/11/2021 A Escola Municipal de Música está a celebrar durante esta semana -do 22 ao 25 de novembro -uns microconcertos para conmemorar o Día Internacional da Música, cuxa efeméride é o día 22 pero que fan extensivo a toda a semana. Diferentes espazos da sede da Escola de Música serven de escenario ás distintas actuacións.

Nestas actuacións haberá concertos de Arpa, Contrabaixo, Guitarra, Acordeón, Violín, dúos e tríos de Trombón, Piano e Clarinete. Toda a comunidade educativa da Escola Municipal de Música poderá desfrutar destes concertos, onde participarán máis de 50 músicos/as con obras de L. Cohen, S. Joplin, H. Zimmermann, Gustav Mahler etc.

A Escola Municipal de Música, creada en 2003, busca impartir un ensino de calidade e ten como obxectivo prioritario o fomento da educación musical e a práctica da música dende a primeira infancia. Ademais potencia a colaboración con outras institucións como son o IV Ciclo da USC, a Aula Hospitalaria do CHUS, Down Compostela, o Museo de Historia Natural, etc...

A Escola Muncipal de Música oferta clases de Guitarra, Arpa, Clarinete , Frauta, Saxofón, Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Trompeta, Trompa, Trombón, Percusión, Violín, Viola, Chelo, Contrabaixo, Acordeón e Gaita, impartidas por un total de 21 mestres e mestras con gran percorrido no eido musical. Conta tamén cun total de nove agrupacións musicais: Orquestra, Banda, Orquestriña (8 a 12 anos), Bandiña (8 a 12 anos), Coro Infantil, Coro Xuvenil, Coro de Adultos, Agrupación de Música Tradicional e un Combo de Música Moderna.

Programa do mércores 24 de novembro
18:15h (Planta 1, MeM)

Dúo, A. Romero
Lola Garúz, clarinete
Minueto, W.A. Mozart
Mónica Liñares, clarinete
Romance, Anónimo
Paula Fernández, guitarra clásica
Minueto, W.A. Mozart
Eduard Franquet, clarinete

19:30h (Auditorio da EMM)

Concertino nº1 III Mov scherzo, Finale
Lucía Vieito, violín
1º Mov Danza Petens, M. Peters
Enrique Montero, percusión
El Rey de la Montaña, E. Grieg
Irene Vinagre, piano

Polka, Stradivari
Olivia Álvarez, violín
Martín Vinagre, violín
Valeria Fernández, violín
María Pazos, violín
Alexandre Sambade, Violín

Pianista acompañante: Simona Kantcheva

Profesorado participante:
Pablo Pascual, clarinete
Marcos Teira, guitarra clásica
Loida Díaz, violín
Antonio Ocampo, percusión
Simona Kantcheva, piano

Programa do xoves 25 de novembro
19:05h (Planta 0, Hall)

Haleluya, L. Cohen
Irea Carral, piano

Canción polupar inglesa, Lowell Mason, Adaptación Ricardo Llanos
Fuco Lois Candela, acordeón

The Entertainer, S. Joplin
Xela Rodríguez, clarinete

Reine de Musette, Jean Peyronnin
Jorge Senín, acordeón

Pianista acompañante: Simona Kantcheva

Profesorado participante:
Adrián Saavedra, piano
Eva Pato, acordeón
David Nogueira, clarinete

Compartir: