MOCIDADE

Volve ás rúas de Santiago o festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea

14/10/2021 O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe a cuarta edición do festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea; que conta con dúas intervencións murais de gran formato e dúas clases máxistrais a alumando do IES do Sar. Estivo acompañado de Marcos Couso Sánchez (Sokran) e Javier Mourón Figueroa (Mou), do estudo especializado en arte urbana, Mutante Creativo, que dirixe o evento.

As dúas intervencións murais de gran formato corren a cargo de dúas coñecidas e reputadas muralistas galegas, a ordense Lidia Cao, que xa está traballando na rúa Canteira de Arriba, no número 19; e a compostelá Xoana Almar, que comezará a semana que ven na rúa do Restollal nº 67.

Ámbalas obras sumaranse ao xa extenso patrimonio muralístico compostelano que medra ano tras ano co festival. Tamén hai programa unha Master Class sobre muralismo, o 26 e 27 de outubro, impartida pola equipa de Mutante Creativo, que dará lugar tamén a unha nova obra realizada en conxunto co alumnado de bacharelato artístico do IES de Sar. A través desta actividade formativa, terán a oportunidade de coñecer de preto as diferentes técnicas e procesos para levar a cabo un mural de gran formato.

Segundo explicou Marcos Couso, os murais conseguen a rexeneración de moitos espazos urbanos deteriorados, abandoados ou en desuso, e a dinamización, por medio da arte, das zonas nas que se intervén, "f facendo que tanto composteláns coma visitantesadquiran un incentivo por medio da arte urbana para pasear e desfrutar desas zonas a priori menos interesantes a nivel patrimonial e turístico"

Este fesitval, pretende servir, segundo sinalou, como un actor rehabilitador, cultural, social e económico para a cidade, mediante a rexeneración urbana e o crecemento dun tráfico constante cara á cidade dun novo turismo diferenciado e especializado en arte rúa, algo distinto ata o de agora en Compostela pero cun gran éxito e resultados a nivel internacional en múltiples urbes". Unha arte, continuou, que servirá para complementar e engadir valor e un plus de interese ao turismo xa existente que posúe a cidade.

Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade, subliñou que Compostela Contemporánea "Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas", é un proxecto que ten, entre os seus obxectivos, a rexeneración artística de espazos urbanos deteriorados ou abandonados; así como achegar a arte urbana á cidadanía, mediante obradoiros e clases maxistrais.

En cada edición o festival reúne a os mellores artistas da escena galega, estatal e internacional deste eido artístico, que nutrirán cada ano de novas obras de gran formato a este museo público ao aire libre. Ademais, con este evento, Santiago de Compostela posiciónase como un referente a nivel internacional en arte urbana. "Fainos máis cosmopolitas, modernos e abertos", indicou Rubén Prol.

Xoana Almar
A compostelá Xoana Álvarez Martín formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudiou en Granada e é alí onde comeza a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora.

No seu traballo hai influencias de artistas clásicos/as da pintura galega e doutros actuais, especialmente relacionados co mundo da ilustración e o muralismo. A través das súas personaxes, maioritariamente femininas, sobresae unha búsqueda de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida.

Lidia Cao
Desde moi pequena Lidia Cao interésase polo debuxo, especializándose no tratamento de figuras e facianas, analizando minuciosamente as expresións para conseguir dicir moito co mínimo.

Na súa obra as personaxes posúen un peso primordial na composición e as oníricas atmósferas que xenera potencian a expresividade das súas facianas, que funcionan coma íntimos retratos psicolóxicos e adquiren unha velada pero intensa dramaturxia.

Destaca o seu dominio do volumen a través dunha liña firme e certeira, o seu gusto pola síntesis nas paletas de cores e a súa atracción polas gamas desaturadas e pouco estridentes, ponderando a importancia do debuxo por encima da cor.

En 2016 a arte urbana crúzase no seu camiño, e dende o 2018 compaxina a carreira como ilustradora co seu traballo mural, o cal vai adquirindo cada vez máis e máis peso, levándoa a participar en diversos eventos de arte urbana nacionais e internacionais nos últimos anos.

Compartir: