ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Italia en España, Riccardo Guariglia

26/07/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ao embaixador de Italia en España, Riccardo Guariglia, quen asinou no libro de Honra da Cidade.

Riccardo Guariglia, nomeado embaixador de Italia en España e Andorra o 3 de outubro de 2019, asumiu o cargo o 11 de maio de 2020. Licenciado en Economía e Comercio, cum laude, pola Universidade de Roma, ingresou na carreira diplomática, despois de pasar un exame, o 1 de febreiro de 1985. No libro de Honra deixou escrita unha mensaxe destacando a hospitalidade de Santiago, e resaltando tamén a estreita "colaboración entre Italia e esta espléndida, histórica e significativa cidade".

Na recepción tamén estaban presentes o vicecónsul honorario de Italia en Galicia, Franceso Milano; a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, e unha representación dos grupos da oposición: Ramón Quiroga, polo PP; Branca Novoneyra, por Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, polo BNG.

Compartir: