TURISMO

Turismo de Santiago adhírese á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

16/02/2021 A IV Comisión Plenaria da Rede de Destinos Turístico Intelixentes aprobou a adhesión de Turismo de Santiago como novo membro institucional. O obxectivo da Rede é liderar o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía.

Un Destino Turístico Intelixente é un destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestructura tecnolóxica de vangarda, que garante o desenvolvemento sostible do territorio turístico, accesible para todos, que facilita a interacción e integración do visitante co entorno e incrementa a calidade da súa experiencia no destino e mellora a calidade de vida do residente.

A Rede, coordinada pola Secretaría de Estado de Turismo e Segittur, traballa cun enfoque interno, realizando accións de asesoramento na aplicación da metodoloxía e promovendo o intercambio de experiencias e boas prácticas entre os sus membros. Tamén traballa cun enfoque externo, dando visibilidade aos Destinos Turísticos Intelixentes, tanto dentro de España como internacional.

A adhesión de Turismo de Santiago á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes é un paso máis na súa estratexia de empregar as novas solucións tecnolóxicas como ferramenta para consolidar a cidade como destino turístico. Servirá para que a entidade de promoción turística municipal poda coñecer e participar en novos proxectos innovadores e sostibles.

Turismo de Santiago leva anos traballando nesta liña. Por exemplo, lidera o proxecto Europeo BODAH (Big and Open Data for Atlantic Heritage), que ten por principal obxectivo medir e entender mellor o comportamento tanto dos visitantes como dos residentes das ciudades patrimoniais do Espazo Atlántico para facilitar a súa xestión e lograr un turismo sostible.

O proxecto BODAH desenvólvese dentro do programa Interreg Atlantic Area e conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). No proxecto, liderado por Turismo de Santiago, participan Fomento de San Sebastián, Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, Universidade Nova de Lisboa, Cork Institute of Technology, Glasgow Caledonian University e Bangor University.

Compartir: