XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a ampliación do prazo de renovación das autorizacións de venda ambulante e as bases do XIV Premio Compostela para Albums Ilustrados

15/02/2021 A Xunta de Goberno Local aprobou ampliación do prazo de presentación de solicitudes de renovación anual das autorizacións para o exercicio da venda ambulante na vía pública polo periodo que vai dende o 15 de febreiro de 2021 ata o 15 de maio de 2021. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes, acompañadas da documentación esixida polo Regulamento de Venda Ambulante que inclúe a autoliquidación da taxa correspondente (Ordenanza Fiscal 3.24 ), un trámite que poden realizar na Oficina de Atención ao contribuínte.

Tamén se aprobaron as bases do "XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela coa editorial Kalandraka. Este premio ten como finalidade fomentar a producción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.
Segundo estas bases, poderán optar a este premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado, é dicir, un libro no que o relato se conta a través de imaxes, ou de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen. As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas. Poderán participar unha ou varias persoas, autores/as de texto e ilustración de calquera nacionalidade, quedando excluidos os gañadores/as das anteriores edicións. O prazo de presentación de orixinais ábrese coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e remata o 14 de maio de 2021.

Por outra banda, o executivo municipal acordou ampliar o prazo para a execución das obras de reparación do muro entre as rúas París e Luxemburgo en Fontiñas, por un período de 19 días hábiles. A causa desta ampliación débese a incidencia derivada da cercanía da tubeira de gas á cimentación do muro, e ás condicións meteorolóxicas adversas que impiden a correcta execución do traballos de excavacións, formigonado e impermeabilización. A nova data de finalización será o 5 de marzo de 2021.

A Xunta de Goberno local tamén acordou solicitar á consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2021, unha subvención por importe de 3.500 euros, para a dotación de novidades editoriais en galego, en formato físico; e outra de 5.000 euros para a mellora das coleccións bibliográficas da biblioteca pública municipal José Saramago.

Na Xunta de Goberno tamén se aprobaron definitivamente os Estatutos e bases de actuacion da Xunta de Compensación da AEI-E(a) do PERI-2 (Conxo de Arriba); concedéronse varias licenzas de obra e/ou mantemento; deuse conta de varias sentenzas; e revisouse o IPC do aluguer de tres locais destinados a oficinas municipais, localizados na rúa do Presidente Salvador Allende.

Documentos relacionados



Compartir: