XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión da licenza para a séptima fase de despregamento da fibra óptica na cidade histórica

08/02/2021 A Xunta de Goberno Local acordou conceder a Orange España Comunicaciones Fijas, S.L., a licenza para realizar a séptima fase do plan de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica, que conta cun orzamento de execución material de 25.259,35 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "pouco a pouco se vai contemplando toda a améndoa, co obxectivo, xa anunciado de que en Semana Santa estea instalado en toda a cidade histórica".

A fase de despregamento sete afectará as seguintes rúas:

-Quinteiro de Rúa da Moeda Vella, Praza de San Martiño e Fonte de SAn Miguel e Abril Ares.
-Quinteiro de Rúa da Moeda Vella, Abril Ares, Rúa da Troia e Campás de San Xoan.
-Quinteiro de Rúa da Moeda Vella, Campás de San Xoán, Rúa da Troia e Acibechería.
-Quinteiro da Praza da Inmaculada, Praza da Quintana de vivos, Vía Sacra e Acibechería.
-Quinteiro da Rúa da Acibechería, Praza de Cervantes, Preguntoiro, San Paio de Antealtares e Vía Sacra.
-Quinteiro da Rúa Tda Troia, Praza de San Miguel, Rúa de Xerusalén e Acibechería.
-Rúa de Xerusalén (impares) e Praza de Cervantes (num. 12-20)
-Quinteiro da Rúa Casas Reais, Praza de Cervantes, Rúa de San Bieito e Rúa das Ánimas.
-Quinteiro da Rúa Casas Reais, Rua das Ánimas, Rúa de San Bieito, Curro da Parra e Rúa Travesa.
-Quinteiro da Rúa Travesa, Rúa de San Bieito, Praza do Irmán Gómez, Rúa Oliveira e Sae se podes.
-Rúa das Casas Reais (num. 11-27) e Praza de Salvador Parga.
-Colexio Maior Santo Agostiño e Escola de Artes Mestre Mateo.

Na reunión do executivo local tamén se acordou autorizar, consonte o previsto na cláusula 10 do prego de bases do SUNP-11, a transmisión do dereito a adxudicación da parcela BA1 do SUNP-11 a Julio Rey y Otros S.L., subrogándose na posición xurídica do adxudicatario, nos mesmos termos e condicións establecidos no acordo de 30/03/11 do Consello de Administración de Emuvissa, e no mesmo grado de incumprimento que o adxudicatario/cedente da parcela BA1 do SUNP-11. Segundo explicou Sánchez Bugallo, "esta parceloa fora adxudicada no seu día por Emuvissa para a construción de vivenda protexida. Os adxudicatarios non iniciaran a construción e ao final, o concello estábase plantexando sacalas de novo a concurso, pero acaba de aparecer un promotor que adquire os dereitos ao adxudicatario, e polo tanto autorízase a operación". O alcalde anunciou que "temos previsto a convocatoria dun concurso para a construción de vivendas protexidas". Inicialmente estaba prevista esa convocatoria para cinco parcelas, e agora, con esa transmisión de dereitos, quedará en catro.
Ademais, acordóuse ampliar o prazo de execución das obras de acondicionamento do entorno do "Centro Sociocultural de A Gracia, mellora de accesibilidade no propio centro e creación dunha área de xogos e circuito biosaludable nas inmediacións deste POS+2018", a causa das condicións meteorolóxicas adversas que impiden o correcto desenvolvemento dos traballos definidos no proxecto, por un período de 33 días hábiles, polo que a nova data de finalización será o 18 de marzo de 2021.

Tamén se acordou ampliar o prazo, para a execución das obras de rehabilitación enerxética de inmobles de titularidade municipal, por un período de 21 días hábiles sobre os 3 meses aprobados no plan de obra, con causa, tamén, nas condicións meteorolóxicas adversas e en distintas incidencias que afectaron ao normal desenvolvemento dos traballos, polo que a nova data de finalización será o 17 de marzo de 2021.

A maiores, aprobouse a modificación do sistema de cooperacion, fixado no PERI-2 (Conxo de Arriba) para o desenvolvemento das áreas de execución integral AEI-D e AEI-B, polo de compensación; e deuse luz verde, definitvamente, aos Estatutos e bases de actuación da Xunta de compensación da AEI-D do PERI-2; e aos Estatutos e bases de actuación da Xunta de compensación da AEI-B do PERI-2. Agora, o seguinte paso, é a publicación no BOP (Boletín Oficial da Provincia, do inicio do procedemento de equidistribución das AEI-D e AEI-B do PERI-2.

En materia educativa, acordouse solicitar unha subvención de 10.000,00 euros á Deputacióin da Coruña para o mantemento da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela; e deuse conta da resolución complementaria de asignación de transferencias finalistas correntes do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais, relativo ao financiamento das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, durante o exercicio 2020, por un importe de 101.314,40 euros.

Na Xunta de Goberno Local, tamén se deu conta de varias sentezas, e se autorizou a exhibición, publicación e difusión de dous documentos de titularidade do Concello de Santiago de Compostela depositados no Arquivo Histórico Universitario. Son o " A.M. 295, fol. 107" que corresponde ao plano de remodelación da fachada do pazo do Marqués de Santa Cruz pertencente ao libro de actas do consistorio de 1803; e o " A.M. 2026, exp. 33, fol 24 r-v", un expediente de asociacións, concretamente do "Casino católicomonárquico carlista (1870). Informe da Alcaldía en relación aos encarcerados polos disturbios producidos durante a inauguración do casino".

Documentos relacionados



Compartir: