ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reúnese cunha representación da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

08/02/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe á presidenta de AEIGA, a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Isabel Fraga Castro. No encontro, ao que tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o técnico responsable de Emprego, Javier Ferreiro; e Rocío Rodríguez, secretaria técnica da entidade; tratáronse as posibles liñas de traballo e colaboración conxunta para o ano 2021.

AEIGA é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que agrupa a a distintas empresas de inserción laboral de Galicia. É, ademais, unha entidade social que está a traballar activamento no ámbito da inclusión sociolaboral dos colectivos denominados en risco de exclusión social.

Desde AEIGA buscan ampliar o coñecemento e difusión da figura das Empresas de Inserción Sociolaboral, e tamén impulsar a creación de novas empresas de inserción como modo de loita contra a exclusión social, e ferramenta de inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social a través do apoio aos proxectos de creación de novos proxectos de inserción laboral.

Compartir: