ALCALDÍA

O alcalde de Santiago, designado representante da FEMP no Foro Local para a Axenda Urbana Española

16/01/2021 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, foi designado polo pleno da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, como representante no Foro Local para a Axenda Urbana Española. O rexedor agradeceu o nomeamento, e manifestou o compromiso do concello cun desenvolvemento sustentable, no que primen aspectos como o medio ambiente, a mobilidade, ou a eficiencia na xestión dos recursos públicos.

Este Foro xurde do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a FEMP para a efectiva implementación da Axenda Urbana Española e dos proxectos levados a cabo por ambas partes no marco das súas actuacións e dentro do ámbito das súas respectivas competencias, asinado o 21 de xullo de 2020. Un convenio que ten por obxecto a posta en común das actuacións que se están desenvolvento por ambas partes, compartir experiencias e boas prácticas, e no seu caso, aprobar iniciativas no marco da Axenda Urbana Española (AUE)

A AUE é un documento estratéxico, sen carácter normativo, e por tanto de adhesión voluntaria, que, de conformidade cos criterios establecidos pola Axenda 2030, a nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e a Axenda Urbana para a Unión Europea persegue o logro da sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano. Ademais, a Axenda Urbana Española constitúe un método de traballo e un proceso para todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación.

Tras un intenso traballo de elaboración e un amplo proceso participativo que durou case un ano, esta estratexia de desenvolvemento urbano de carácter integrado ofrece un Decálogo de Obxectivos Estratéxicos que despregan, á súa vez, un total de 30 obxectivos específicos, e 291 liñas de actuación, pondo a disposición de quen estean interesados na súa implementación, un verdadeiro "menú á carta" para que poidan elaborar os seus propios Plans de acción. Todo iso desde unha ampla visión que inclúe a todos os pobos e cidades con independencia do seu tamaño e poboación, e baixo o triplo prisma da sustentabilidade económica, social e medio ambiental.

Direcciones relacionadas



Compartir: