ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2020

23/12/2020 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron neste 2020.

Tras a intervención do secretario municipal, José Ramón Alonso, realizouse a entrega de placas ás persoas xubiladas. Recolleron a súa distinción Ignacio Cerrada Gonzalo, Jesús Suarez Regueiro, Esperanza Cobas Prieto, Juan Manuel Grovas Gestal, Jorge Fernández Funcasta, Francisco Portos Carnota, José Antonio Mourelos Garcia, Elvira Ferreiro Chorén, e Javier Quiñoy Taboada, viúvo de María José Serantes Suárez.

Pechou o acto o alcalde, quen agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo e dedicación durante a súa vida profesional ao servizo da cidadanía e do Concello. Asistiron tamén os voceiros dos grupos municipais e varios concelleiros e concelleiras da Corporación.

Compartir: