FESTAS

Recollida de entradas para a recepción dos Reis Magos

22/12/2020 Este ano, a visita das súas maxestades de Oriente será distinta máis igualmente máxica e especial. Os nenos e nenas de Compostela terán a oportunidade de entregarlles persoalmente a Melchor, Gaspar e Baltasar as súas cartas nunha recepción que terá lugar o 5 de xaneiro na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Este máxico encontro comezará ás 12.00 e prolongarase ata as 22.00 horas.

En cumprimento dos protocolos de seguridade só se poderá acceder á recepción cunha entrada que levará aparellada unha franxa horaria concreta. Por cada invitación poderán ver os Reis ata dous menores, que sempre irán acompañados dunha única persoa adulta.

A entrada recollerase na billeteira do Teatro Principal os días 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 18 a 20 h. Cada día poñeranse a disposición as entradas correspondentes a unha franxa horaria determinada.

O reparto farase do seguinte xeito:

- Día 28: entradas comprendidas entre as 12.00 e as 14.00h.
- Día 29: entradas comprendidas entre as 16.00 e as 18.00h.
- Día 30: entradas comprendidas entre as 18.00 e as 20.00h.
- Día 2: entradas comprendidas entre as 20.00 e as 21.00h.
- Día 3: entradas comprendidas entre as 21.00 e as 22.00h.
- Día 4: entradas sobrantes ou devolucións

Compartir: