MOBILIDADE

O Concello e a Xunta asinan o convenio para o transporte metropolitano

14/12/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asinaron o convenio do transporte metropolitano para a área de Santiago, onde tamén están incluídos os concellos de Ames, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso, Vedra, A Baña, A Estrada, Negreira, Ordes, Padrón, Rois e Vila de Cruces.

Este convenio é a actualización do que se vén mantendo desde o ano 2012 que, "en esencia, o que persegue é a incorporación das liñas do transporte metropolitano da área de Santiago e doutros concellos para a conexión coa cidade", segundo indicou o rexedor compostelán.

"O que facemos desde o Concello é dar facilidades para que as persoas que habitan na área e que veñen a Santiago poidan acceder con maior eficiencia, a un prezo módico e coa maior comodidade", incidiu.

No marco do Plan de Transporte Metropolitano, o Goberno galego contribúe co 80% da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20% restante.

Compartir: