TURISMO

Santiago promociónase nos mercados francés, italiano e británico como destino de incentivos

13/11/2020 Turismo de Santiago, a través do seu Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participa neste mes de novembro nunha acción denominada "SpainBox", que se dirixe aos mercados francés, italiano e británico, tres mercados estratéxicos para a cidade.

O obxectivo da entidade municipal con esta acción é posicionar a cidade como un destino de calidade para a celebración de eventos e incentivos empresariais unha vez se supere a crise sanitaria xerada polo Covid-19, con gran impacto no sector de Congresos, Eventos e Xornadas, e poda recuperarse a movilidade normal entre países e rexións.

"SpainBox" é unha acción organizada pola Spain Convention Bureau, da cal forma parte Turismo de Santiago a través do seu SCCB. Participan diferentes destinos españois e axencias organizadoras de eventos. Vai dirixida ao segmento corporativo e o obxecto é captar convencións, reunións de empresa e viaxes de incentivo.

Santiago conta cunha oferta que se adapta ás necesidades do segmento corporativo. É unha cidade Patrimonio da Humanidade, destino final do Camiño de Santiago. Conta cunha amplia e variada disponibilidade de sedes ou auditorios para eventos, así como con espazos singulares repletos de historia, como mosteiros ou pazos. E conta tamén cunha ampla oferta cultural e unha gran gastronomía, con productos de temporada de gran calidade.

A acción divídese en tres xornadas, unha para cada mercado. A primeira xornada celebrouse o 12 de novembro. Estivo adicado ao mercado francés. Participaron 16 destinos españois, sendo Santiago o único galego. A segunda xornada, adicada ao mercado italiano, celebrarase o 24 de novembro. E a terceira, adicada ao mercado británico, será o 26 de novembro.

Compartir: