XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o expediente de crédito para a utilización do remanente e dúas adxudicacións de Smartiago

12/11/2020 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, acordou a aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario para atender ao pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019. Esta cantidade, pódese consultar, desglosada por capítulos, no documento de resumo de Xunta de Goberno.

Tamén se aprobaron dúas adxudicacións de Smartiago. A adxudicación da licitación CPI para desenvolver un sistema de alumeado ornamental para a conservación do patrimonio, a TELEVES SA, por un importe de 613.581,43, IVE engadido, sendo a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas. A empresa compromete un 10% dos "royalties" da solución desarrollada por un valor de 751.707,07 euros.

E a segunda adxudicación, a licitación CPI para desenvolver un sistema Intelixente de recollida de RSU, resolveuse a favor de WELLNESS TELECOM SL, por un importe de 446.490 euros, IVE engadido, sendo a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas. A empresa compromete un 10% dos "royalties" da solución desarrollada por un valor de 1.680.000 euros.

O proxecto Smartiago está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A Xunta de Goberno Local tamén acordou dar luz verde á sinatura do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela. Trátase dun trámite necesario para podelo asinar coa Xunta de Galicia e co resto de concellos da área metropolitana.

Documentos relacionados



Compartir: