ALCALDÍA

O Pleno debaterá o martes 17 de novembro o destino do remanente de tesourería do Concello

11/11/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou en rolda de prensa a proposta do goberno municipal, que prevé destinar 3,5 millóns de euros a axudas directas para os sectores máis afectados pola pandemia (hostalería, comercio e cultura) e 4,5 millóns de euros á realización de diversas obras.

Os 3,5 millóns destinados a axudas directas desglosaríanse do seguinte modo:

- 300.000 euros para o programa de bonos para o consumo. Quen compre nun comercio local obterá un bono cun desconto para canxear nun negocio de hostalería, iniciativa que pretende incentivar as compras e o consumo local.
- 100.000 euros para o porgrama de bonos de aparcamento. Dáse continuidade, polo tanto, a unha iniciativa que xa estaba en marcha e que tivo moi boa acollida entre comerciantes e consumidores.
- 500.000 euros para o gasto corrente do sector comercial. Con cargo a esta axuda poderán financiarse gastos como os derivados dos impostos, auga, luz, teléfono, gastos sociais, alugueiros ou intereses bancarios.
- 600.000 euros destinaranse aos gastos correntes do sector cultural
- 1.600.000 euros, para os gastos correntes da hostalería
- 400.000 euros, con destino ao gasto de capital no comercio.

En total por sectores:

- 1.900.000 euros serían para a hostelería (entre bonos e axudas directas)
- 1.000.000 euros para o sector comercial (sumando gastos de capital e gasto corrente)
- 600.000 euros para o sector da cultura

A estes 3,5 millóns de euros habería que engadir o millón que achega a Deputación provincial, facendo un total de 4,5 millóns de euros. "45 euros por habitante", sinalou o alcalde, que recalcou o esforzo importante que supón para o Concello, xa que "estamos a falar do 3% do orzamento municipal".

Obras
En canto ás obras, o destino dos 4,5 millóns de euros (4.566.472,09) desglósase do seguinte xeito:

- Adecuación da rúa do Hórreo para a súa adaptación ao novo espazo intermodal: 610.000,00 €
- Urbanizacion da zl-75 (ua-11) do peri Fontiñas- Cotaredo- San Lázaro: 165.876,26 €
- Acondicionamento de parcela para o aparcadoiro exterior da rúa Altiboia – fase I: 208.907,95 €
- Acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes: 467.968,40 €
- Mellora das condicions de accesibilidade na costa do Cristo de Raxoi: 40.536,45 €
- Novos aseos públicos na avenida de Raxoi: 226.967,85 €
- Reforma dos aseos públicos existentes na rúa Trindade e no parque da alameda: 170.918,53 €
- Rehabilitación de firmes en vías urbanas: 865.150,00 €
- Rexeneración do pavimento da calzada da avenida de Asturias: 517.204,47 €
- Renovación do céspede do campo de fútbol situado a carón do Sergas: 568.267,15 €
- Reforma do vial Pajuela - campo de festa de Marrozos: 246.675,03 €
- Cuberta do parque infantil de Santa Marta: 165.000,00 €
- Obras de accesibilidade: 235.000,00 €
- Redacción do proxecto mellora e humanización do barrio da Estila: 60.000,00 €
- Actualización do proxecto de accesibilidade da Almáciga: 18.000,00 €

Os 9.501.360,28 euros totais do remanente líquido de tesourería completaríanse co importe destinado ao pagamento da sentenza a favor da sociedade mixta deportiva XADE (1.422.853,36 euros). Sánchez Bugallo espera que a proposta obteña o beneplácito dos grupos e poida ser aprobada por unanimidade.

Compartir: