SMARTIAGO

O concello de Santiago e GAIN constatan os avances do proxecto Smartiago neste último ano

06/11/2020 Hoxe celebrouse o Comité de Seguimento do proxecto SMARTIAGO coa Axencia Galega de Innovación; no que participaron, vía telemática, os concelleiros de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; a concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal; e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey. No encontro presentáronse os importantes avances que se fixeron nestes últimos meses no marco do proxecto. Estes avances son:

-O 21 de novembro de 2019 realizouse o evento de CONSULTAS PÚBLICAS AO MERCADO, procedemento que continuou no mes de decembro co desenvolvemento dun taller de traballo coas empresas interesadas nos obxectivos do proxecto. No marco destas consultas recibíronse 63 propostas, de máis de 30 empresas, analizadas nun proceso de entrevistas realizadas no mes de xaneiro de 2020. Finalmente, en xullo, celebrouse un evento de presentación dos informes de conclusións da citadas consultas.

-Unha vez finalizadas estas consultas públicas, o Concello de Santiago procedeu á elaboración dos contratos de COMPRA PÚBLICA INNOVADORA (CPI), por un valor estimado de 3.338.292,27 euros (IVE engadido). Esta primeira fase de CPI consistiu en tres contratos que pretenden resolver retos plantexados nas áreas de movilidade, Residuos Sólidos Urbanos (RSU) e alumeado. Unha primeira licitación CPI para desenvolver unha solución tecnolóxica de movilidade Smart na cidade histórica, unha segunda licitación para desenvolver un sistema intelixente de recollida RSU; e unha terceira licitación para desenvolver uns sistema de alumeado ornamental para a conservación do patrimonio.

-Ademais, na execución do proxecto licitouse un contrato de inversións materiais consistente no subministro e instalación e posta en funcionamento dunha serie de actuacións relacionadas co reto de movilidade no marco do proxecto SMARTIAGO. Esta actuación estrutúrase en dous lotes: o lote 1, de renovación e modificación do actual sistema de control de accesos e implementación de novos sistemas de control de acceso nacidade histórica; e o lote 2, de instalación de sistemas para a supervisión e control de acceso guiado en zonas de aparcamento da cidade.

Ademais da presentación destes avances, Patricia Argerey, volveu amosar o compromiso e apoio de GAIN para acadar os obxectivos plantexados no marco SMARTIAGO; xa que Santiago de Compostela é a primeira cidade de Galicia e a primeira Cidade Patrimonio de España, en levar a cabo un proxecto de Compra Pública Innovadora (CPI).

O proxecto SMARTIAGO está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, nun 10% polo Axencia Galega de Innovación (GAIN) e nun 10% polo Concello de Santiago de Compostela".

Compartir: