ALCALDÍA

O Concello estuda a demanda da Asociación cultural da Rocha Forte de ampliación do centro sociocultural

05/11/2020 O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse esta mañá cos representantes da Asociación cultural da Rocha Forte no pazo de Raxoi para analizar os temas pendentes coa devandita entidade.

"Basicamente falouse da posible ampliación do centro sociocultural da Rocha a través da instalación dunha carpa na zona verde que teñen ao redor", indicou Sánchez Bugallo, que confirmou que a proposta será estudada polo dartamento de Urbanismo para ver se é viable legalmente e, en caso afirmativo, autorizarase.

Na xuntanza tamén se abordaron outros temas como as posibles obras na estrada nacional, as expropiacións e as obras que es están desenvolvendo no Castelo da Rocha.

Compartir: