RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O concelleiro de Turismo participa no curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades" da UIMP

16/09/2020 O concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, participou esta mañá na inauguración, vía telemática, do curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades", organizado pola UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo), coa participación, entre outras entidades, do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña ou a USC.

Esta tarde, Sindo Guinarte imparte a ponencia "Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e as oportunidades xeradas polo patrimonio cultural dixital". O concelleiro sinala que se trata "dun ámbito novo, no que non hai prácticamente nada feito, e no que queremos implicarnos da man das universidades, sobre todo da USC e das universidades que forman parte da rede Crusoe". A dixitalizacion, engade, axudará na conservación, recuperación e proxección, a través das TICs, do "noso patrimonio".

O curso seminario "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades", desenvólvese online entre hoxe e mañá. O seu principal obxectivo é presentar unha visión xeral e integrada do PCD (Patrimonio Cultural Dixital) na actualidade, así como as principais tendencias de futuro. Esa visión preséntase a través de tres grandes bloques temáticos de casos concretos: investigación pública en patrimonio cultural dixital, as administracións públicas e o patrimonio cultural dixital, e o sectorTIC ante o reto e as oportunidades do PCD.

Compartir: