POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción a un grupo de enfermos de ELA e esclerose múltiple, tras rematar o Camiño

07/09/2020 A concelleira Mercedes Rosón, acompañada pola voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla, recibiu hoxe na praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos formado por afectados por esclerose lateral amiotrófica e esclerose múltiple.

A iniciativa, chamada CompostELA 2020, xorde para visibilizar ambas enfermidades neurodexenerativas. O grupo, que completou o Camiño entre Sarria e Santiago, está formado por 4 afectados de E.L.A, unha afectada de esclerosis múltiple, os seus coidadores e 14 voluntarios, entre os que se atopa unha enfermeira.

Compartir: