XUNTA DE GOBERNO

Novas tarifas para os estacionamentos de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños

17/08/2020 A Xunta de Goberno Local, na súa reunión ordinaria deste luns aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros municipais xestionados pola empresa municipal TUSSA. Acordáronse subas nos prezos dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños, motivados polo incremento dos custos de persoal e dos gastos de explotación.

No estacionamento de Xoán XXIII, a última suba databa do ano 2014. Así, a tarifa por minuto ata a 4ª hora pas dos 0,0210 euros en 2014 aos 0,0219 euros en 2020. A tarifa por minuto ata a 10ª hora increméntase dos 0,0155 aos 0,0162 euros.

Seguindo en Xoán XXIII, pero en relación á dársena de autobuses, as permanecían invariables dende setembro de 2012. Así, o prezo de carga e descarga pasaría dos 15 aos 18,84 euros.

Tamén de 2014 era a última modificación de prezos rexistrada no estacionamento municipal de Belvís. A tarifa por minuto ata os 45 minutos pasa dos 0,0166 aos 0,0176 euros, mentres que o prezo por minuto de 45 m. ata a 4ª hora increméntase dos 0,0129 aos 0,0137 euros. Finalmente, a tarifa por minuto da 4ª á 10ª hora pasa dos 0,0118 aos 0,0125 euros.

No aparcadoiro de borde de Salgueiriños, as tarifas tamén permanecían sen cambios dende 2014. Agora, a tarifa diaria de acceso pasaría dos 1,50 aos 1,75 euros para turismos; de 3,50 a 4,15 euros para autocaravanas; e de 5,50 a 6,50 euros para autobuses, microbuses e camións.

Todas as novas tarifas propostas poden consultarse no documento adxunto de resumo da Xunta de Goberno Local.

Subvencións para a dinamización comercial
Noutro orde de cousas, a XGL aprobou a resolución da convocatoria de axudas para actividades de promoción e dinamización comercial 2020. Quedan distribuídas do seguinte xeito: Fundación Santiago Centro, Área Comercial, 15.807,18 euros; Asociación de Empresarios e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, 23.756,52 euros; Asociación Em-Rede. Rede de iniciativas empresariais de Santiago e comarca, 2.092,90 euros; e Comercio Punto Compostela, 18.343,40 euros.

Documentos relacionados



Compartir: