POLÍTICAS SOCIAIS

Este martes ábrese o prazo de solicitude das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares

29/06/2020 O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. Polo tanto, a partir deste martes, 30 de xuño, ábrese un prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes.

A esta convocatoria destínanse 620.000 euros, se ben esta contía podería ampliarse no caso de no cubrir todas as necesidades coa partida inicial. Estas bolsas están destinadas a unidades familiares e de convivencia que, por escaseza de recursos económicos, teñen dificultades ou non poden facer fronte aos gastos relacionados coa escolarización de menores que teñen ao seu cargo.

Hai tres tipos de bolsas: as de comedor, cun máximo de 90 euros ao mes; as destinadas á realización de actividades extraescolares, ata un máximo de 30 euros ao mes; e as bolsas para adquisición de material escolar, cun máximo de 60 euros a través dun pago único. A estas modalidades hai que sumar unha máis, a das bolsas para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

En principio, o período subvencionable é de setembro de 2020 a xuño de 2021 (ambos os dous incluídos), para as becas de comedor. Para as de actividades extraescolares é de outubro de 2020 ata xuño de 2021 (ambos os dous incluídos), e para a adquisición de material escolar, dende a publicación das bases no BOP da provincia de A Coruña ata o período máximo de xustificación do material escolar.

As bases da convocatoria poden consultarse no documento adxunto (dispoñible na sección de Anuncios da web municipal) e tamén nos taboleiros de anuncios do Concello, da Concellaría de Políticas Sociais e da Oficina de Atención ao Cidadán. Acompañan ás bases, como anexos, os impresos que deberán cubrir os/as solicitantes.

Compartir: