CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais celebran este xoves o Día Internacional do Xogo cunha xornada de xogos en liña

27/05/2020 Mañá xoves, 28 de maio, celebrarase o Día Internacional do Xogo 2020. Para celebralo, nestas circunstancias especiais da COVID-19, a rede de centros socioculturais preparou unha xornada de xogos en liña. As inscricións están abertas ata mañá mesmo, ata esgotar prazas, no teléfono 981 543 017.

Esta xornada de xogos está destinada a nenos e nenas de 6 a 12 anos, establecéndose dúas quendas: unha ás 18:00 e outras ás 19:00 horas. En cada centro sociocultural realizarase un tipo de xogos:

- CSC de Vite: Xogos reunidos.
- CSC das Fontiñas: Misión imposible.
- CSC de Santa Marta: Piratas: aventura e diversión.
- CSC da Trisca: Papiroflexia.
- CSC do Castiñeiriño: Xogo de rol.
- CSC de Conxo: Xincana de xogos e adiviñas.

Compartir: