TURISMO

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa na xuntanza do grupo de traballo para o Xacobeo 2021

06/05/2020 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou hoxe, por videoconferencia, na primeira reunión do grupo de traballo para o Xacobeo 2021, creada pola Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de replantexar as accións a desenvolver no Ano Santo, e adaptalas á saída da crise sanitaria provocada pola COVID-19. A xuntanza estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Segundo explicou Guinarte, neste encontro, no que quedou constituído o grupo, acordouse crear tres subcomisións, con outras tantas liñas de traballo, que deberán realizar as súas achegas para incluílas nun documento de propostas que, en principio, tería que estár listo para principios de xuño.

Este grupo de traballo conta cunha ampla presenza de representantes de todos os colectivos implicados no Ano Santo, como asociacións, membros da igrexa, responsables de distintas administracións locais, e expertos/as dos sectores económico, cultural e turístico, entre outros. Todos eles teñen como obxectivo elaborar unha nova folla de ruta que permita reorientar o Xacobeo para favorecer a dinamización das zonas rurais, a potenciación das industrias creativas e a recuperación do sector turístico.

Compartir: