ALCALDÍA

O alcalde apela á responsabilidade individual e colectiva da veciñanza á hora de iniciar a desescalada

02/05/2020 Coa posta en marcha das primeiras medidas para a saída do confinamento, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fai un chamamento á cidadanía para que extremen as medidas de protección e apela á responsabilidade de cada un.

O rexedor compostelán lembrou que é imposible controlar por parte das forzas e corpos de seguridade que toda a veciñanza cumpra coas novas normas establecidas, polo que non queda máis remedio que apelar á responsabilidade da poboación, "tal e como veñen mantendo, dunha forma excepcional, nestas semanas". Nese sentido, insistiu, "temos que facer todo o que estea na nosa man para actuar con prudencia e respectando as normas".

Compartir: