PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello convida o tecido empresarial a remitir as súas dúbidas e consultas ao Servizo de Apoio á Empresa

02/04/2020 Dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, a web do CERSIA Empresa está reunindo nun espazo tanto a lexislación que vai saíndo e que afecta á regulación da actividade económica como as medidas de apoio que se van poñendo en marcha. Por iso, o Concello de Santiago convida o tecido empresarial de Compostela a consultar este espazo web, e tamén a remitir as súas dúbidas ou consultas ao Servizo de Apoio á Empresa, a través do correo electrónico cersia@santiagodecompostela.gal.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo este convite ao tecido empresarial na rolda de prensa que ofreceu este xoves tras a Xunta de Goberno extraordinaria celebrada esta mañá. Agora mesmo, a web do CERSIA Empresa xa recolle máis de 20 convocatorias e conta cun espazo no que se vai actualizando diariamente tanto a lexislación que se publica como resumos da mesma elaborados polo Servizo de Apoio á Empresa que facilitan a súa interpretación.

Compartir: