ACCIÓN CULTURAL

Unha bufanda vermella para Valle-Inclán

06/03/2020 A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu este venres no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron o voceiro municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e as concelleiras Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).

Este acto, que a Fundación Eugenio Granell realiza dende o año 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán no paseo de Recoletos, en Madrid, o Día do Teatro. Neste caso conmemórase o regreso real e simbólico do escritor á Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.

Compartir: