SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE

Reunión para marcar protocolos cara a incorporación da Policía Local ao VioGén

26/02/2020 Esta mañá, os concelleiros de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Igualdade, Noa Díaz, presidiron unha xuntanza para avanzar no proceso de incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero). Na reunión participaron representantes da Policía Local, da Policía Autonómica e da Delegación do Goberno.

Esta foi unha xuntanza para avanzar na coordinación e nos protocolos de resposta fronte á violencia de xénero, preparatoria dunha próxima Xunta Local de Seguridade na que se concretará a incorporación da Policía Local de Santiago a este Sistema VioGén.

Está previsto que catro axentes da Policía Local se integren a este dispositivo, inicialmente coa custodia e acompañamento de vítimas de baixo risco. Traballarán mañás, tardes e fins de semana. Agora, estes efectivos están en fase de formación, co obxectivo de completar nesta primavera a súa incorporación ao VioGén

Compartir: