ALCALDÍA

O Concello e a Asociación Plataforma polo Emprego renovan o seu compromiso de colaboración

11/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cunha delegación da Plataforma polo Emprego, encabezada polo seu presidente, Miguel Fernández. Na xuntanza tamén participou o técnico municipal responsable da área de Emprego, Xavier Ferreiro.

O encontro serviu para reafirmar o compromiso municipal de colaboración coa Plataforma, coa que xa se traballa a través de convenios relacionados con colectivos de difícil inserción laboral e coa inmigración. A entidade tamén seguirá traballando cos diferentes departamentos municipais en cuestións como as reservas para as empresas de inserción laboral.

Compartir: