ALCALDÍA
O alcalde mostrou a sua satisfacción por poder colaborar con FEGAXE e pola coincidencia de pensamento sobre o papel clave que "a innovación e o emprendemento teñen no futuro da xente nova".
FEGAXE
Con máis 1.000 asociados, FEGAXE representa aos empresarios novos de Galicia e serve de canle de comunicación entre empresas co fin de crear redes de mercado propias. Proporciona aos seus asociados servizos como formación, asesoramento ou información.
Encontro de Sánchez Bugallo coa Federación Galega de Xoves Empresarios
05/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores co presidente da Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE), Luciano Covelo, e cunha das súas vogais, Beatriz García.
Na xuntanza, o presidente de FEGAXE explicoulle ao alcalde os detalles do foro económico que o 12 de marzo acollerá a Cidade da Cultura, unha cita que a entidade confía en consolidar e converter nunha cita anual en Santiago. Neste encontro, coa presenza de destacados relatores, abordarase a temática das inversións a medio e curto prazo.O alcalde mostrou a sua satisfacción por poder colaborar con FEGAXE e pola coincidencia de pensamento sobre o papel clave que "a innovación e o emprendemento teñen no futuro da xente nova".