ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2019

21/01/2020 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron no pasado ano.

Tras a intervención do secretario municipal, José Ramón Alonso, realizouse a entrega de placas ás persoas xubiladas no 2019. Recolleron a súa distinción Amador Abucide Iglesias, José Antonio Álvarez Quintáns, José Ángel Baamonde López, Juan Luis Barreiro Álvarez, José Antonio Becerra Rey, Raúl Becerra Rey, Jesús Carballal Carneiro, Juan Carlos Cobas Prieto, José Luis Cotelo Felpete, Manuel Duarte Pequeño, José Manuel García Castro, José García Fraga, Martín Giadáns Santos, Santiago González Nogueira, José Manuel Lafuente Barba, José Manuel Malvido Carrillo, José Ramón Montero Barreiro, Xoaquín Monteagudo Romero, Víctor Núñez Albor, Agustín Paz García, Camilo Pazos Valiña, Lino Senra Ríos, Manuel Ramos Rey, Elías Seoane García, Carlos Francisco Souto Varela, Juan José Toledo Sende, Ángel Varela Fariñas, Andrés Villanueva Campos e Jesús Vázquez Illodo.

Pechou o acto o alcalde, quen agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo e dedicación durante a súa vida profesional ao servizo da cidadanía e do Concello. Asistiron tamén os voceiros dos grupos municipais e varios concelleiros e concelleiras da Corporación.

Direccións relacionadas



Compartir: