XUNTA DE GOBERNO LOCAL

A Xunta de Goberno acorda presentar ante o Supremo recurso de casación para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

20/01/2020 O acordo foi aprobado na sesión desta mañá da Xunta de Goberno local, en base ao informe da Asesoría Xurídica. Este recurso de casación e un extraordinario por infracción procesal serán presentados antes do 23 deste mes de xaneiro, data na que remata o prazo.

O alcalde de Santiago indicou tamén que os servizos xurídicos do Concello están valorando a posibilidade de presentar un recurso extraordinario de revisión á luz da información que está aparecendo e que segundo o rexedor probaría "sen ningún tipo de dúbida" que as esculturas foron adquiridas polo Concello, que permaneceron nel e que despois "aparecen no Pazo de Meirás" sen que exista ningún procedemento documentado para tal cambio.

Por este motivo, "non descartamos máis adiante presentar este recurso diante do Tribunal Supremo, para poder volver atrás o procedemento e presentar novas probas". Bugallo lembrou que o Concello tería un prazo de tres meses para poder presentalo e que, nese caso, habería que retirar o de casación.

Documentos relacionados



Compartir: