EDUCACIÓN

Recepción en Raxoi a alumnado noruegués de intercambio con institutos de Santiago e Ames

13/01/2020 A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu un grupo de estudantes de Noruega que realizan as súas prácticas en institutos de Santiago e Ames. No acto tamén participaron as concelleiras María Antón (PP) e Navia Rivas (BNG).

Esta actividade de intercambio lingüístico e cultural permite a un grupo de alumnos/as de dous institutos noruegueses aprender español nos IES Antonio Fraguas, IES Xelmírez II e IESP de Ames. O programa está promovido polos Cursos Internacionais da USC e a Consellería de Educación, coa colaboración da Embaixada de España en Noruega.

Compartir: