CENTROS SOCIOCULTURAIS

Oitenta participantes competiron no Torneo de Xadrez de Nadal do Ensanche

23/12/2019 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu unha nova edición do seu Torneo de Xadrez do Nadal. Oitenta participantes de diferentes idades participaron na competición, que se enmarca dentro do proxecto Taboleiros de barrio, que leva o xadrez durante todo o curso tamén aos centros socioculturais de Santa Marta, Conxo e Fontiñas.

David Rodríguez Carreira, do Centro Sociocultural de Santa Marta impúxose nesta edición do torneo, tras imporse na partida definitiva a Marcos Álvarez Espiño, participante do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: