ALCALDÍA

O alcalde asistiu á presentación da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera

20/11/2019 Para unir as diferentes asociacións locais galegas, expandir esta arte e difundir as súas confeccións constituíuse a Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE), que este mércores se presentou nun acto oficial no Hostal dos Reis Católicos. O acto contou coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

Esta Federación, con sede en Bueu, está composta de base por seis asociacións locais de alfombristas. Pretende por en valor o labor deste colectivo e preservar esta cultura popular, dende o uso de elementos de deseño, materiais e formas de traballo, que son as ferramentas clave que conforman e diferencian os labores de cada localidade e que forman parte do seu patrimonio inmaterial. Outra finalidade da Federación é garantir o relevo xeracional.

Compartir: