SAÚDE

Santiago acolle este venres e sábado as VI Xornadas Clínicas da Asociación de Psicanálise Aplicada

20/11/2019 A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, presentou as VI Xornadas Clínicas da Asociación de Psicanálise Aplicada (Gradiva), que se celebran o venres 22 e o sábado 23 no Gran Hotel Santiago. Na rolda tamén estiveron Santiago Parada Nieto, presidente de Gradiva; e Jesús Dapena Botero, coordinador das xornadas.

Mila Castro indicou que "sempre é unha honra que Santiago sexa a cidade escollida para celebrar eventos coma estes, tanto pola súa importancia científica como polo que supón a nivel de proxección da cidade como cidade de congresos". Sobre as xornadas, destacou que reunirán durante dous días en Santiago "prestixiosos especialistas na psicanálise e nas psicopatoloxías, que sen dúbida aportarán interesantes e diversos puntos de vista sobre estas cuestións".

"Os camiños da neurose. A cura pola palabra" é o eixe temático sobre o versarán unhas xornadas nas que se tratarán temas como as neuroses de transferencia, as neuroses de carácter, as perversións ou as neuroses narcisistas.

Direccións relacionadas



Compartir: