ALCALDÍA

As nove empresas que concorren á construción da nova EDAR da Silvouta presentan as súas propostas técnicas

05/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, asistiu hoxe en Madrid á presentación das nove propostas técnicas das empresas que participan no procedemento de concorrencia competitiva para a construción da nova EDAR da Silvouta. Segundo explicou o rexedor, está previsto que antes de Nadal, ACUAES preseleccione as catro empresas que considere máis axeitadas.

Éstas terán que redactar un proxecto que deberán presentar no prazo máximo de seis meses. Entre eses catro proxectos escollerase o definitivo. De momento, segundo explicou Sánchez Bugallo, "estanse cumprindo os prazos establecidos de forma exacta". O obxectivo é que o procedemento para a autorización medioambiental sexa simplificado para poder comezar as obras a principios de 2022, o que permitiría seguir contando con fondos europeos para a financiación da nova EDAR.

Na presentación tamén estaba a directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo, así como técnicos da empresa, un representante da avogacía do Estado, e Pablo Martín, xefe da sección do departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago.

Compartir: