EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais celebraron o Samaín

04/11/2019 O pasado xoves 31, a Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago celebrou a súa festa do Samaín. Os nenos e nenas das escolas de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío–Salgueiriños dedicaron a semana a realizar actividades relacionadas con esta celebración, decoraron cabazas, contaron contos de pantasmas…

As familias participaron achegando á escola cabazas decoradas, castañas e disfraces para o día da festa. Nesta xornada, os nenos e nenas disfrazáronse, escoitaron contos do Samaín e remataron a xornada cunha degustación de produtos típicos de outono.
A mostra de cabazas decoradas na que participaron os nenos e nenas e súas familias foi todo un éxito e nela púidose apreciar a grande imaxinación das familias á hora de caracterizar as súas cabazas.

Compartir: