ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reúnese co director rexional de El Corte Inglés

21/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co director rexional de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Javier Esteban, e co equipo de dirección do centro que a empresa ten en Compostela. No encontro trataron asuntos de interese para ambas entidades.

Javier Esteban empezou a súa traxectoria profesional en El Corte Inglés como vendedor da sección de deportes nos almacéns que a firma ten no Paseo da Castellana en Madrid. De alí pasou a Valladolid e despois a Pozuelo, como segundo xefe de planta. No ano 2000, coa expansión internacional de El Corte Inglés, ocupou postos de dirección en Lisboa e Gaia (Porto). No ano 2014 foi nomeado novo director rexional de El Corte Inglés en Galicia.

Compartir: