ALCALDÍA

Preséntanselle ao alcalde novas metodoloxías para a análise dos perfís turísticos

18/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, reuníronse este mércores con Xosé Antón Rodríguez e Fidel Martínez, profesores de Economía Cuantitativa e de Economía Aplicada, respectivamente, na USC.

Os dous profesores e investigadores explicáronlle ao alcalde unha nova metodoloxía para o estudo de perfís turísticos, a cal puidera ser útil neste campo para Compostela.

Compartir: