ALCALDÍA

Encontro coa asociación Amigos da Cociña Galega

06/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres con integrantes da asociación Amigos da Cociña Galega (Amicogal), que lle presentaron o evento Gastronosa, unha feira gastronómica que se celebrará na cidade o 28 de outubro e que servirá para celebrar o 43 aniversario da entidade.

Amigos da Cociña Galega é a asociación de cociñeiros máis antiga de Galicia, nacida a raíz do éxito da I Semana da Gastronomía Galega, celebrada en Pontevedra no ano 1976. Amicogal comezou a súa andadura anos despois para divulgar a excelencia do produto galego de calidade. Pepe Solla foi o seu presidente nos últimos 40 anos, cedendo recentemente a testemuña a Javier Outomuro e a súa Xunta Directiva.

A entidade quere manter a esencia do produto galego e defender a pureza do recetario da cociña tradicional. Na actualidade está formada por máis de 33 importantes restaurantes de Galicia e de diferentes puntos de España, e mesmo de países como Puerto Rico.

Compartir: