EDUCACIÓN

Publicada a listaxe de admitidos/as no Programa de Conciliación de Verán para os días 9 e 10 de setembro

04/09/2019 A Concellaría de Educación vén de publicar a relación de admitidos e excluídos para os días 9 e 10 de setembro no Programa Muncipal de Conciliación Escolas de Verán 2019. Debido a que non se acadou o número mínimo de matrículas para a realización do programa nos dous centros propostos, os días 9 e 10 só se prestará o servizo no CEIP Monte dos Postes, que foi o que máis número de solicitudes recibiu.

O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán está dirixido a nenos e nenas que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago (ambos os dous inclusive). O horario máximo é de 7:45 a 16:00 horas. Hai un servizo de madrugadores (aula matinal) con almorzo de 7:45 a 9:00 horas, mentres que os obradoiros e actividades desenvólvense de 9:00 a 14:00 horas. A continuación, existe a opción de facer uso do servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas.

Os obxectivos do programa de conciliación pasan por promover actividades que favorezan a diversión, creando un ambiente lúdico; desenvolver a autonomía persoal no día a día; dar a coñecer diferentes actividades de lecer e tempo libre, promover actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade; e coñecer o entorno que nos rodea.

Documentos relacionados



Compartir: