RELACIÓNS VECIÑAIS

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para as asociación veciñais

12/08/2019 O Boletín Oficial da Provincia publica este luns, 12 de agosto, a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2019, por un importe total de 100.000 euros. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir deste martes 13 de agosto.

As bases desta convocatoria establecen a concesión, en concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais do Concello de Santiago para o desenvolvemento de programas e actividades que favorezan a participación entre a veciñanza. Tamén son subvencionables os gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto de subvención.

Poderán optar a estas axudas as asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello que estean ao corrente nas súas obrigas coa Administración e que cumpran os requisitos marcados pola Lei de Subvencións.

Compartir: