FESTAS

A Banda Municipal únese á Gallaecia Big Band nun concerto especial nas festas do Apóstolo

28/07/2019 A xornada do luns 29 nas festas do Apóstolo trae varias propostas musicais, como a actuación conxunta da Banda Municipal de Música e a Gallaecia Big Band e o concerto do Territorio das Mulleres.

A Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño, únese á Gallaecia Big Band, comandada polo seu director, Cristian Leggiero, para ofrecer un concerto titulado "A música de Antes", no que participarán como cantantes Paty Lesta e Narci Rodríguez. A cita é na praza da Quintana ás 22:00 horas.

Outra alternativa musical é o concerto denominado TM pola Igualdade, que se celebrará na praza do 8 de Marzo a partir das 21:00 horas. Contará coa participación de Lúa Mosquetera (poesía + reguetón), DJ Russinha (ritmos negros e electrónica) e Papaya (pop).

O calendario festivo do luns complétao o espectáculo infantil A illa sen tesouro, de Teatro Ghazafelhos (18:30 h, na praza de San Martiño Pinario), e o concerto de Puerta Sur (23:00 h, na praza do Toural).

Compartir: