FESTAS

O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 13 horas de música noutra xornada das festas do Apóstolo

25/07/2019 A xornada deste venres nas festas do Apóstolo está marcada polo Compostela Trad Fest, que durante máis de 13 horas encherá as rúas e prazas da cidade de música tradicional e outras actividades.

O Trad Fest inclúe obradoiros, concertos, bailes e outras actividades, e nomes como Cheny Wa Gune, Óscar Cobos, Caamaño & Ameixeiras, Os Fondaos do Pífaro, Obal, Handle with Swing ou Os da Porta, entre outros. O festival pecharase cun gran concerto (22:00 h, na praza da Quintana) baixo o título "Os camiños de Breogán", da Banda de Música de Silleda coa Banda de Gaitas de Forcarei, con invitados como Bouba, Abraham Cupeiro, Suso Vaamonde, Josele, Davide Salvado, Begoña Lorenzo ou Pablo Seoane, entre outros. Será unha preestrea do espectáculo que abrirá o Festival de Lorient o vindeiro 3 de agosto.

O calendario musical da xornada pecharase coa actuación da orquestra Cuarta Calle na Alameda (22:30 h) e co concerto de Phantom Club na praza do Toural (23:00 h).

Compartir: