EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais pecharon o curso cunha festa de graduación

01/07/2019 O pasado venres, os nenos e nenas que se graduaron nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños despediron o curso nunha xornada lúdica na que xunto as súas familias e os/as educadoras foron de excursión ao Galipark de Padrón.

Os pequenos e pequenas gozaron con inchables, talleres de creación de chapas e chaveiros, piscina e festa da escuma. Despois de comer todos xuntos fíxose a entrega dos diplomas e das orlas, nun día moi especial para todos e todas.

Compartir: