MOBILIDADE

Última mesa redonda en torno á mostra "A cidade, o Camiño e nós"

17/06/2019 Este martes 18 de xuño, ás 19:30 horas, o IES Rosalía de Castro acolle a última das mesas redondas organizadas en torno á exposición A cidade, o Camiño e nós, que permanece a carón do monumento a Rosalía de Castro na Alameda.

Nesta mesa redonda participarán Gonzalo Muíños, concelleiro de Mobilidade; Jorge Duarte, ex edil de Mobilidade na anterior lexislatura; Iago Lestegás, especialista en urbanismo e rexeneración urbana; e Miguel Pazos, director do CETUR e especialista en Mobilidade. Moderará o debate Fidel Martínez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela da área de Economía Aplicada.

A comentario estará a cidade, a súa convivencia e harmonía; a súa cohesión, a relación e influencia dos usos da cidade na vida das persoas, na actividade da cidade e na relación con visitantes e turistas. Tamén se falará sobre a percepción que as persoas, visitantes e locais, teñen da cidade, dos espazos públicos e dos seus usos.

Compartir: