CENTROS CÍVICOS

O Concello e os Muiñeiros do Sarela organizan a IX edición dos Cantos de Taberna

07/06/2019 Mañá sábado celebrarase a IX edición dos Cantos de Taberna, que a asociación Muiñeiros de Sarela organiza en colaboración co Concello de Santiago. Un total de seis grupos participarán no evento, e percorrerán nove establecementos de hostalería na cidade vella.

Ademais dos Muiñeiros do Sarela, nos IX Cantos de Taberna participarán os grupos Cantamadeira, de Compostela; Viute o demo, de Sada; Os Bertolini, de Manzaneda; Regatos, da Estrada; e Os Esfolladores, de Vedra. As formacións percorrerán os seguintes locais: Casa Felisa, Gramola, Enxebre, Milongas, Literarios, Bemboa, Nave 5, Sucursal e Abastos 2.0.

O percorrido arrincará ás 20:30 horas.

Compartir: