CENTROS CÍVICOS

Os centros cívicos organizan cinco paseos de barrio

04/06/2019 A Concellaría de Centros Cívicos organiza cinco paseos de barrio no marco do programa Vive o verán 2019. Estes roteiros son de balde e abertos á participación de calquera persoa adulta ou de menores acompañados/as.

Todos os paseos realizaranse en xornada de xoves e de 10:00 a 14:00 horas, aproximadamente, con saída dende a estatuta das Marías na Alameda, agás o previsto para o 12 de setembro, que partirá do parque Eugenio Granell. O primeiro dos roteiros terá lugar o xoves 13 de xuño pola carballeira do Banquete de Conxo. Esta ruta, de nivel fácil, ten unha duración aproximada de 9 quilómetros.

En xullo haberá tres paseos, o primeiro deles pola contorna do Sarela o xoves 4 de xullo (8 Km, nivel fácil). O 11 de xullo percorrerase a zona do Castriño de Conxo (9 Km, nivel medio) e o 18 de xullo pasearase pola zona da Trisca e de Belvís (5 Km, nivel fácil). O calendario de paseos pecharase o 12 de setembro cunha ruta do Sar (10 Km, nivel medio).

Compartir: