CENTROS CÍVICOS

Cambio de horarios en dous dos locais participantes nos Cantos de Taberna deste venres no Ensanche

24/05/2019 O ciclo de Cantos de Taberna chega este venres 24 de maio ao Ensanche, cun obradoiro e cun percorrido por varios locais hostaleiros. O percorrido sufriu un cambio de horarios entre dous dos locais previstos para as 21:45 e as 22:30 horas. Así o Café D.J. e a Cervexería Sole mudan a orde das súas actuacións.

A xornada de Cantos de Taberna segue o mesmo esquema de citas anteriores, cun obradoiro de cantos primeiro e co percorrido posterior polos establecementos de hostalería. Así, a partir das 19:00 horas terá lugar o obradoiro no Centro Cívico do Ensanche.

A continuación, as persoas que participen no obradoiro de cantos iniciarán, en dous grupos, o roteiro polos establecementos de hostalería. Os Cantos de Taberna poderanse escoitar ás 21:00 h no Restaurante La Codorniz (rúa de Alfredo Brañas) e na Cafetería La Rosaleda (praza de Puente Castro); ás 21:45 h no Café D.J. (praza Roxa) e no AD Gelo Café Lounge (rúa de Fernando III O Santo); ás 22:30 h na Cervexería Sole (rúa de Ramón Cabanillas) e no Café Rock (rúa da República Arxentina); e ás 23:15 na Tapería Castelao (rúa Nova de Abaixo) e no Café-Bar Volga (rúa de Santiago de Chile).

O programa Cantos de Taberna naceu co obxectivo de recuperar esta tradición da cultura popular galega, que tivo o seu momento de esplendor nos anos 60 e que nos últimos anos se vén retomando en moitas cidades galegas, da man de agrupacións vinculadas á música tradicional. Deste xeito, apóstase por recuperar un repertorio musical, que tamén forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia.

Documentos relacionados



Compartir: