EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ábrese a inscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música

22/05/2019 A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de publicar a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música para o curso 2019/2020. Así, o prazo de preinscrición para este novo alumnado estará aberto dende este xoves 23 de maio ao mércores 5 de xuño.

As persoas interesadas en matricularse deberán cumprimentar o impreso de preinscrición, que poden descargar desta web municipal, pedila na propia EMM ou directamente no Rexistro Xeral ou Auxiliar do Concello, para unha vez cuberta entregala nestes dous últimos nos prazos indicados. Neste momento do proceso non é necesario achegar ningunha outra documentación. É requisito imprescindible que a persoa solicitante figure empadroada no Concello de Santiago cunha antigüidade mínima de seis meses no momento da preinscrición.

Para calquera dúbida, os/as solicitantes poden chamar directamente á EMM, aos teléfonos 881 956 924 e 636979527, ou enviar un correo electrónico á dirección info@esmucompostela.es.

Compartir: